skip to Main Content

Porto de San Adrián de Cobres

O viaxeiro que percorra o traxecto dende Pontevedra a Vigo a través de 550 non debe dubidar en parar no pequeno porto de San Adrián de Cobres, que alberga un espazo pintoresco coa súa moderna mariña, o seu paseo e a súa pequena igrexa.

A igrexa parroquial de San Adrián de Cobres é de planta rectangular con engadidos laterais da sancristía e unha capela, polo que semella que e de cruz latina. Parece ter as súas orixes no século XVI, con engadidos posteriores.

Ao seu carón están o porto, coas embarcacións mexiloeiras, e a mariña, co porto deportivo, moi frecuentado debido a proximidade coa cidade de Vigo. Discreto e tranquilo, o porto de San Adrián de Cobres, esta dotado de todas as instalacións para realizar amarres seguros e fiables, iso contribuíu ao seu éxito.

A mariña e o paseo activaron a vida deste coqueto paraxe, que alberga un par de restaurantes, un deles construído a xeito de palafito enriba do mar.

Direccion
Dirección
Lugar Santradan, 36
36142, Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.301718208770176, -8.656041481814555
DMS: 42°18'06.5"N 8°39'21.4"W
Acceso
Acceso
Dende Vigo e Pontevedra pola N550.
Info Util
Info útil
Situado a tan só 10 minutos do centro da cidade olívica, o Porto de San Adrián de Cobres sitúase nun pintoresco paraxe que permite contemplar a enseada de San Simón, e a Ria de Vigo.

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top