skip to Main Content

Praza das Cinco Rúas

Chamada así porque nela conflúen cinco rúas está situada no casco antigo da cidade de Pontevedra. Destaca na praza o cruceiro barroco (1773) un fermoso exemplo da arte popular galego. Nas inmediacións poderemos ver a casa onde viviu Valle Inclán en diferentes momentos da súa vida.

O cruceiro que preside a praza data do século XVIII adornado na súa base cunha representación moi expresiva de Adán e Eva coa mazá na man mentres nun lateral observa a serpe. Na parte de arriba vese á Virxe María ao carón e ao seu fillo crucificado no outro. Castelao inmortalizouno na súa obra “As cruces de pedra na Galiza”

Outro feito destacable desta significativa praza é que aquí se atopa a casa na que viviu Valle Inclán.

Nesta praza desembocan a rúa do Barón, a rúa de Isabel II, a de Paio Gómez Charino, San Nicolás e cálea Princesa, unha concorrida e animada zona de viños e tapas onde repoñer forzas.

Direccion
Dirección
Rúa do Barón, 1
36002, Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.433562, -8.646082
DMS: 42°26'00.8"N 8°38'45.9"W
Acceso
Acceso
Acceso peonil.
Info Util
Info útil

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top