Segundo conta a lenda, o arqueiro grego Teucro, medio irmán de Ajax, logo da Guerra de Troia, viaxou a Occidente e fundou a cidade de Pontevedra. A elite renacentista da cidade deulle ánimo a este mito para ennobrecer e prestixiar a vila. Nesta praza, unha das máis fermosas de Pontevedra, podemos contemplar varios edificios interesantes como o Pazo dos Gago e Montenegro e fronte a el, o Pazo do Conde de San Román.
Esta praza, unha das máis nobres de Pontevedra, está rodeada de palacios e casas señoriais da época como o Pazo dos Gago e Montenegro e fronte a el, o Pazo do Conde de San Román. No fondo da praza á beira da rúa Real está o antigo Pazo de Aranda e Guimarei. Foi unha das prazas mais señoriais da cidade e aínda hoxe conserva parte das casas nobres que a rodeaban e bos exemplos da riqueza heráldica de Pontevedra. Entre todos destaca o escudo da casa dos Gago e Montenegro, unha verdadeira xoia do barroco galego realizado no século XVIII. As rúas situadas nas súas proximidades constitúen unha das zonas mais importantes de tapeo e viños.