skip to Main Content

Praza da Leña

A Praza da Leña é un dos emprazamentos mais pintorescos, visitados e fotografados do casco histórico de Pontevedra. No pasado era un punto do comercio da leña,  pero na actualidade hai multitude de locais de tapas con pracenteiras terrazas onde podemos gozar da rica gastronomía da zona.

Recibe o nome do produto que nela se vendía para as antigas cociñas. É unha das estampas máis típicas de Pontevedra co cruceiro no centro e os pequenos pazos que acollen o museo.

De carácter regular atópase rodeada de casas típicas do centro histórico. Destacan nun lateral os edificios do Museo Provincial: primeiro o de Fernández López, logo o de Castro Monteagudo e unido a este por unha graciosa ponte o de García Flórez. Estes dous últimos unha boa mostra dos pazos urbanos do século XVIII. Tanto a praza como as rúas adxacentes son lugares significativos de tapas, viños e comidas.

Direccion
Dirección
Praza da Leña
36002, Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.432625, -8.643260
DMS: 42°25'57.5"N 8°38'35.7"W
Acceso
Acceso
Acceso peonil.
Info Util
Info útil

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top