skip to Main Content

Ruínas do Convento de San Domingos

Considerado como un máximos exponentes do gótico galego, as ruínas de San Domingos de Pontevedra, gardan os restos da igrexa e do antigo convento de Santo Domingo construído no século XIII polos Dominicos. Na actualidade é un dos edificios pertencentes ao Museo de Pontevedra e dentro alberga unha grande variedade de elementos de gran valor artístico e histórico, coma os sarcófago do famosos personaxe Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga.

Declaradas Monumento Histórico-Artístico en 1895, as ruínas do Convento de San Domingos, están situadas en pleno centro de Pontevedra.  Hoxe só se conservan as evocadoras e misteriosas ruínas da cabeceira da súa igrexa (s. XIV), concibida con cinco capelas absidais; xunto coa fachada da sala capitular (algo posterior) cunha pequena portada e rosetón. Actualmente o conxunto forma parte do Museo de Pontevedra.

No interior podemos atopar a Sección de Arqueoloxía do Museo de Pontevedra xunto a unha exposición de ronseis romanos, capiteis visigóticos, escudos e sepulcros medievais de importantes cabaleiros como Paio e Sueiro Gómez de Soutomaior, Tristán de Montenegro e o nobre galego do s. XV Pedro Álvarez de Soutomaior, popularmente coñecido como Pedro Madruga.

Direccion
Dirección
Avenida Montero Rios, 1
36002 Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.431218,-8.647001
DMS: 42°25'52.4"N 8°38'49.2"W
Acceso
Acceso
Aceso peonil
Info Util
Info útil

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top