A Granxa de Briz é un paradisíaco lugar que ten a súa orixe na antiga “Granxa da Costa” dos monxes de Oseira. Trala desamortización foi adquirida por D. Roberto Munaiz en 1838, e despóis pola familia Briz. No de ano de 1999 foi mercada polo concello que procedeu a acondicionala para ocio e recreo no 2011.
A Granxa de é un idílico lugar que conta con divertidos xogos infantís. Tamén coñecida como Parque dos Sentidos, o parque conta cunha zona de aventura, con lagos, tobogáns e xogos na natureza, una lagoa natural e outra artificial.
Cunha superficie de de 23.690 metros cadrados, esta finca dispón dun auditorio ao aire libre cun escenario un tanto peculiar, a xeito de bancada que resulta moi cómodo para gozar dos concertos e espectáculos.
A granxa alberga tres edificacións. A primeira é o “chalé principal”. Construída nos anos corenta, acolle diversas oficinas municipais e nela realízanse diversos talleres de emprego . A segunda é una vivenda tradicional “a casa bodega”, e a terceira é denominada casa dos “caseiros”. Esta última está rodeada por unha muralla que procede da finca orixinal e no seu interior podemos atopar infinidade de árbores froiteiras, especies autóctonas e viñas, así como unha pequena lagoa.