skip to Main Content

Pontevedra Integradora

Pontevedra Integradora
Pontevedra transformouse nos últimos anos nunha cidade integradora cun modelo de mobilidade de referencia global, que fai especial énfases na peonalización e na adaptación urbanística dirixida ás persoas de mobilidade reducida. Como consecuencia diso recibiu numerosos premios entre os que destaca o Premio ONU-Hábitat dás Nacións Unidas.

Rúas e prazas ateigadas de vehículos, ruídos e dificultades de paso para peóns, maior no caso de mobilidade reducida. Esta era a vida cotiá na zona histórica de Pontevedra ata o ano 2000. Pero despois de investir 26 millóns de euros nos últimos 15 anos a realidade é outra.

Agora a cidade é menos perigosa e recuperou o espazo público para os cidadáns, elimináronse barreiras, restrinxiuse o tránsito rodado e ata os nenos poden ir andando ao colexio. É máis amable e atractiva coa recuperación dos edificios e rúas históricas.

A reforma urbana realizada tomou como obxectivo unha cidade guiada pola accesibilidade universal. Contou cos axentes sociais e con entidades como a ONCE e Cogami. Tivo en conta sobre todo as necesidades de mobilidade das persoas que máis dificultades teñen, ben por ter que utilizar sillas de rodas ou outros elementos, ben pola súa idade, porque utilizan carriños de bebés, etc.

Deseñando a cidade para eles, queda apta tamén para o resto da cidadanía, conseguindo así unha cidade para todas e todos Este modelo de urbanismo que humanizou Pontevedra para os seus veciños tivo a súa recompensa co o Premio ONU-Hábitat das Nacións Unidas, un prestixioso galardón internacional para asentamentos humanos gañado entre 406 candidaturas de 95 países.

Back To Top