Praia en forma de cuncha, de area dourada e fina, situada nun entorno semiurbano, nas proximidades da praia de Portocelo. Caracterizada polo seu recollemento e as súas augas quedas e temperadas.
Bordeada no seu límite sur por unha frondosa fraga sobre unha punta rochosa. Ideal para o baño e os deportes acuáticos: vela, esquí náutico, motonáutica, windsurf (con límite de 150 metros á costa). Con fermosas vistas da ría de Pontevedra.
Bandeira azul. Certificación EMAS de calidade ambiental.
Servizos:
Aparcadoiro a menos de 500m | Bus a menos de 500 m. | Cruz Vermella | Duchas | Hostais a menos de 500 m. | Hoteis a menos de 500m | Pasarelas discapacitados | Pensións a menos de 500 m. | Restaurantes a menos de 500 m. | Sinalización estado do mar | Servizo de limpeza diario | Servizo de vixilancia | Servizos W.C. | Taxi a menos de 500 m. | Teléfono a menos de 500 m. | W.C. adaptados discapacitados.