skip to Main Content

Praia de Chancelas

Praia en forma de media cuncha, de area branca e fina. Contrastan, no seu ámbito semiurbano, a fachada de costa dominada por conxuntos residenciais e a compacta mancha forestal do lado esquerdo da praia.

Resgardada dos ventos, con augas tranquilas propicias para o baño. Magníficas vistas da mítica illa de Tambo, rochosa e repleta de vexetación. Do seu pasado como fortaleza e lazareto apenas quedan uns muros. Hoxe a illa pertence á xurisdición da Armada.

Direccion
Dirección
PO-308, 72
36993, Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.422924, -8.716911
DMS: 42°25'22.5"N, 8°43'00.9"W
Acceso
Acceso
Dende Pontevedra seguir a estrada C-550 en dirección a Sanxenxo ata Chancelas, tomar desvío á praia.
Info Util
Info útil
Aparcadoiro. Duchas. Ramplas descenso minusválidos. Restaurantes. Servizo de limpeza diario. Servizo de vixilancia.

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top