Praia en forma de media cuncha, de area dourada e fina. Inmersa nun ámbito semiurbano, cun reducido porto curvo que aqueda as augas.
Resgardada dos ventos, con augas tranquilas idóneas para o baño. Zona de fondeo de embarcacións á áncora e con bloques. Dende ela divísase a frondosa illa de Tambo, outrora fortaleza defensiva da ría de Pontevedra e lazareto, actualmente áchase baixo xurisdición da Armada.