skip to Main Content

Praia de Laño

Praia en forma de media cuncha, de area dourada fina, máis grosa na beira. Situada nun ámbito rural, nas inmediacións da praia de Samieira.

Orientada cara ao sur, resgardada dos ventos, conta con augas tranquilas. Zona de fondeo de embarcacións. Idónea para recalar nun percorrido pola marxe setentrional da ría de Pontevedra.

Direccion
Dirección
PO-308, 34
36992, Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.413614, -8.742133
DMS: 42°24'49.0"N 8°44'31.7"W
Acceso
Acceso
Dende Pontevedra seguir a estrada C-550 en dirección a Sanxenxo ata Covelo, continuar aproximadamente 1.5 km e tomar desvío á esquerda á praia de Laño.
Info Util
Info útil
Duchas. Ramplas descenso minusválidos. Restaurantes. Servizo de limpeza diario. Servizo de vixilancia

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top