skip to Main Content

Praia de Lapamán

Praia en forma rectilínea, coa area máis branca e fina de todas as praias do municipio. Situada nun ámbito forestal, á dereita da illa de San Clemente e contigua á praia de Santo do Mar. Caracterizada polas súas augas tranquilas, cálidas e cristalinas, ideais para gozar do baño. Con zona de fondeo de embarcacións e bo equipamento.

Praia compartida con Bueu con bandeira azul en 2015.

Direccion
Dirección
Ctra. 1307, s/n
36938, Marín - Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.34288796119846, -8.752428328216524
DMS: Lat: 42°20'31.7"N 8°45'10.9"W
Acceso
Acceso
Nas inmediacións: autobús.
En coche: dende Marín seguir a estrada dirección a Bueu (C-550), en Casás, tomar a desviación á dereita á praia de San do Mar. Dende Bueu, seguir a estrada dirección a Marín, (C-550), en Casás, tomar a desviación á dereita á praia.
Info Util
Info útil
Autobuses a menos de 500m. Aparcadoiro a menos de 500m. Duchas. Bar e restaurante a menos de 500m.

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top