skip to Main Content

Praia de Portocelo

Praia rectilínea, de area dourada combinada con pequenas pedriñas, situada nun ámbito urbano, nas proximidades do núcleo de Marín. Comunicada coa praia de Mogor por un paseo que transcorre baixo a sombra de piñeiros e eucaliptos.

Con augas tranquilas, propicias para o baño e os deportes acuáticos: esquí náutico, motonáutica e windsurf (con límite de 150 metros á costa). Bandeira azul 2015 e certificación EMAS. Paseo apto para persoas de mobilidade reducida ata as inmediacións de Mogor.

Praia accesible con rampa de acceso, persoal de apoio a discapacitados e cadeiras adaptadas para o baño de persoas de mobilidade reducida.

Direccion
Dirección
Praia do Santo
36912, Marín - Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.390648, -8.714568
DMS: 8°42'52.4"W 8°38'51.4"W
Acceso
Acceso
Aceso dende Marín: seguir a estrada dirección a Bueu (C-550), a 1 km aproximadamente, tomar a desviación sinalizada á dereita ás praias de Portocelo e Mogor.
Info Util
Info útil
Autobuses a menos de 500m. Duchas e WC. Praia accesible con rampa de acceso, persoal de apoio a discapacitados e cadeiras adaptadas para o baño de persoas de movilidade reducida. Bar e restaurante a menos de 500m.

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top