skip to Main Content

Praia de Sinás

Praia en forma rectilínea, de area branca e fina. Inmersa nun ámbito semiurbano, preto do porto de Raxó. Tras o conxunto areento, pola costa sucédense baixos acantilados que á súa vez albergan algunhas pequenas praias.

Esta praia, orientada cara ao sur, está resgardada dos ventos, e conta con augas tranquilas propicias para o baño. Dispón de zona de fondeo de embarcacións á áncora e con bloques.

Direccion
Dirección
Sinás. Raxó
36992, Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.4032299, -8.756119
DMS: 42°24'10.2"N 8°45'22.0"W
Acceso
Acceso
Acceso dende Poio: seguir a estrada C-550 en dirección a Sanxenxo ata as inmediacións do núcleo de Raxó, tomar desvío á esquerda á praia de Sinás.
Info Util
Info útil
Aparcadoiro a menos de 500m. Duchas. Ramplas descenso minusválidos. Servizo de limpeza diario. Servizo de vixilancia.

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top