skip to Main Content
Ameixas ó Allo Do Carril

Ameixas ó allo do Carril

Se algo caracteriza as Rías Baixas é a concha. Concha de mexillóns, vieiras, zamburiñas, ameixas… Un produto típico e común nestas terras.

Para aproveitalo, traemos unha receita de ameixas de O Carillo ó allo.

Para 3 persoas.

Ingredientes

600gr. de ameixas de carril
4 dentes de allo
Medio vaso de vinagre de Jerez
Aceite de oliva virxe extra
Perejil
Un chisco de sal

Elaboración

Para empezar, lavamos o produto con auga e sal durante unha hora. Pasado ese tempo escorremos e reservamos.

Mentres, pelamos os allos e os fileteamos, e os poñemos nunha tixola a quentar cun chorro de aceite ata que “bailen”.

Cando isto ocorra, engadimos as ameixas cun chisco de sal e salteamos durante 2 minutos.

A continuación, engadimos o vinagre e tapamos a tixola, para deixala 2 minutos máis, a fogo vivo.

Para terminar a elaboración, apagamos e deixamos repousar outros dous minutos.

Presentamos coas ameixas no prato e un pouco de perexil.

Back To Top