skip to Main Content
Empanada De Lacón

Empanada de lacón

Non hai prato máis arraigado e máis común no día a día de Galicia que a empanada. E o mesmo ocorre co lacón, unha carne de porco non moi graxa presente nunha infinidade de pratos da terra. E se os combinamos cunha receita de empanada de lacón?

Para 2 persoas.

Ingredientes

  • Para a masa:
    1 ovo
    ½ vaso de leite
    ½ vino branco
    1 vaso de aceite
    1 sobre de lévedo de panadería
    200 gr. + o que permita de fariña de forza
    Un chisco de sal
  • Para o recheo:
    1 pemento verde
    1 pemento vermello
    1 cebola
    3 tomates tipo pera
    Media culleriña de pementón doce
    300 gr. de lacón
    150 gr. de chourizo tipo longaniza
    Azucre
    Aceite

Elaboración

  1. Masa
    Para a elaboración da nosa empanada, comezamos coa masa.
    Para iso, batemos o ovo nun cunco, onde posteriormente engadimos o leite, o vino e o aceite, e seguimos batendo.
    Por outra parte, engadimos noutro recipiente os ingredientes secos: 200 gr. de fariña, lévedo e un chisco de sal. Unha vez mesturado, incorporamos á mestura dos ingredientes líquidos e volvemos a mesturar.
    Cando a masa o permite, amasamos segundo incorporamos o resto da fariña ata que a nosa elaboración non quede pegada nas mans.
    Chegado este momento, amasamos sobre unha superficie enfariñada ata que comprobemos que a masa volve o seu sitio ó premela cun dedo. Aproximadamente, despois de 12 minutos amasando.
    Deixamos repousar a base nun cunco tapado cun pano ata que duplique o seu tamaño (1 hora aproximadamente).
  2. Recheo
    Para o recheo, picamos o pemento verde, o vermello e a cebola en dadiño.
    Seguidamente, quentamos unha cullerada de aceite na tixola e cociñamos as hortalizas, cando este quente, e ata que estean pochadas (uns 40 minutos aproximadamente). A continuación, agregamos os tomates rallados, o pementón e o azucre.
    Continuamos cociñando 10 minutos máis, e incorporamos o lacón e o chourizo.
    Por último, movémolo un pouco e sacámolo a outro recipiente para que se arrefríe durante 1 hora.
  3. Montaxe
    Feita a masa e o recheo, e pasada a hora, poñemos o forno a prequentar a 180º, dividimos a nosa masa en dous e amasamos en dúas partes sobre unha superficie con fariña ata que quede fina.
    A continuación, pinchamos cada unha delas cun garfo e pasamos unha á bandexa con papel de forno.
    Botamos o recheo frío sobre a nosa base deixando uns 2 cm de borde e colocamos a outra metade da masa, xa pinchada, a modo de tapa.
    Por último, enrolamos os bordes, facemos un burato no centro en pintamos a tapa con ovo batido.
  4. Ó forno
    Para terminar o proceso, metemos a empanada no forno durante 25 minutos, a 180º, ou ata que esté dourada.
Back To Top