skip to Main Content
Filloas De Leite

Filloas de leite

A sobremesa galega ten un doce sinxelo e moi propio. Sinxelo, pero non aburrido, porque ten infinidade de variantes. Esta sobremesa pode ser doce ou salgada e, incluso é común a súa preparación con sangue de porco.

As filloas poden ir acompañadas de mel, crema de cacao, marmelo… Iso deixámoscho a túa elección, porque aquí va unha receita sinxela para facer filloas de leite:

Ingredientes

3 ovos L
500 ml de leite
200 gr. de fariña de trigo
30 gr. de azucre
Anís seco
Un chisco de sal
Manteiga ou aceite

Elaboración

Facer filloas de leite implica un proceso moi sinxelo.

En primeiro lugar, batemos os ovos co azucre ata que teña un color claro e duplique o seu tamaño.

Engadimos o leite e mesturamos, e incorporamos a fariña de trigo coada, o anís seco e o sal.

A continuación, deixamos repousar a masa durante 1 hora.

Pasado ese tempo, botamos un dado de manteiga ou un chorro de aceite nunha tixola e repartimos por toda a superficie.

Botamos un pouco de masa na tixola e retiramos o sobrante en caso de querer unhas filloas finas.

Por último, agardamos a que a masa burbullar un pouco e damos a volta. Agardamos un pouco e retiramos a un prato.

Repetimos o proceso ata rematar a masa.

Back To Top