skip to Main Content
Larpeira

Larpeira

É moi habitual atoparnos este doce en calquera pastelería de Terras de Pontevedra. Un doce coa combinación perfecta, normalmente cuberto por crema e con un toque de anís. É o momento de probar e facer na casa esta sobremesa tan típico destas terras.

Para 6 persoas.

Ingredientes

  • Para a masa:
    100 gr. de leite
    50 gr. manteiga
    40 gr. de azucre
    25 gr. de anís doce
    25 gr. de lévedo prensado
    1 ovo L
    Un chisco de sal
    350 gr. de fariña
  • Para o almibre:
    350 gr. de fariña
    100 gr. anís doce
    100 gr. auga
    100 gr. de azucre
  • Para a crema:
    200 ml. de leite
    50 gr. de azucre
    20 gr. de maicena
    2 ovos L
    Extracto de vainilla ó gusto

Elaboración:

  1. Almibre
    Para empezar a nosa Larpeira imos a preparar, en primeiro lugar, o almibre.
    Para iso, botamos a fariña, o anís, o auga e o azucre nun cazo, e cocemos durante 6-7minutos ata que espese.
  2. Crema pasteleira
    Mentres continuamos coa crema pasteleira.
    Batemos todos os seus ingredientes (leite, azucre, maicena, xema de ovo e extracto de vainilla) nun cunco ata que se integren en non haxa grumos.
    A continuación, cocemos a mestura nun microondas, a intervalos de 1 minuto, e durante 3-4 minutos. Este proceso termina cando empeza a espesar a crema.
    Unha vez está espesa, paramos o proceso e mesturamos ata que a textura sexa uniforme.
    Por último, cubrimos con film e reservamos mentres arrefría.
  3. Masa
    Para finalizar, preparamos a masa.
    En primeiro lugar, quentamos o leite, a manteiga, o azucre e o anís levemente. Seguidamente, disolvemos na mestura o ovo e o lévedo.
    A continuación, incorporamos a fariña e o sal ata que a masa quede branda e manexable.
    Unha vez conseguida, deixamos repousar a masa durante 15 minutos.
  4. Ó forno
    Pasados os 15 minutos, estiramos a nosa masa e a colocamos sobre unha bandexa con papel de forno.
    A continuación, pintamos a masa con ovo, e realizamos cortes horizontais e verticais para que queden cadrados.
    Despois, engadimos a crema pasteleira sobre os cortes e pintamos a superficie con unha mestura de auga e azucre.
    Por último, poñemos o forno a prequentar a 180º e deixamos repousar ata que duplique o tamaño da mas para, finalmente, enfornar durante 30 minutos.
Back To Top