Como vimos, o litoral galego é marisco en estado puro. En concreto, as Rías Baixas comparten un paisaxe impactante para as persoas foráneas, adornado con bateas de gran dimensión para a cría do mexillón.
É por iso que traemos outra receita de mar, mexillóns ó Albariño.
Para 4 persoas.
Ingredientes
1k de mexillón
3 culleradas de aceite de oliva
1 cebola
2 dentes de allo
2 culleradas de fariña
1 vaso de Albariño Rías Baixas
Perexil picado
Elaboración
O primeiro paso é lavar os mexillóns, tapalos nunha tarteira con auga e esperar 5-6 minutos para que se abran.
Unha vez abertos, retiramos e reservamos os mexillóns e o seu caldo.
Mentres, picamos a cebola en dadiños, e poñémola con allo e un chorro de aceite nunha tixola a cociñar.
Cando a cebola estea transparente, engadimos a fariña e removemos.
A continuación, engadimos o noso Albariño e parte do caldo sobrante dos mexillóns.
Por último, volvemos a revolver un parte de minutos para que espese, e servimos nun prato con perexil.