skip to Main Content
Orellas De Entroido

Orellas de entroido

Outra receita sinxela, outro doce típico da rexión. Trátase dunha elaboración moi habitual durante o entroido, festa popular de Galicia. Aquí vai unha receita para desfrutar deste doce en calquera momento do ano:

Ingredientes

2 ovos L
500 gr. de manteiga
120 gr. + 20 gr. de azucre glass
200 ml de auga
50 ml de anís
Ralladura de limón
Un chisco de sal
Aceite de oliva virxe extra

Elaboración

Para empezar, derretemos a manteiga e lavamos o limón.

Seguimos mesturando esta manteiga con auga, os 120 gr. de azucre, os ovos, o anís e a ralladura de limón.

Batemos a mestura ata que quede homoxénea e engadimos a fariña coada pouco a pouco.

A continuación, amasamos ata que a masa estea manexable e deixamos repousar 1 hora.

Pasada a hora, estiramos a masa sobre unha superficie lisa e cortamos en forma de orellas.

Por último, fritiremos en abundante aceite, polos dous lados, retiramos nun prato con papel para absorber o aceite e botamos azucre glass.

Back To Top