skip to Main Content
Polbo á Feira

Polbo á feira

Galicia ten unha técnica especial para cociñar o polbo á feira. “Asustar ó polbo” é un proceso necesario durante o cociñado do mesmo, permite que alcancemos o punto perfecto de cocción do produto.

Iso si, para facer esta técnica, hai que facer todo o proceso, por iso traemos unha receita sinxela de polbo á feira.

Ingredientes

2kg de polbo
3 follas de loureiro
Pementón doce ou picante ó gusto
Un chorro de aceite de oliva
Sal ó gusto

Elaboración

Primeiro, lavamos o polbo con abundante auga, incluídos tentáculos e cabeza; e poñemos unha olla ó fogo con auga e o loureiro.

Cando ferva, metemos o polbo durante 2 ou 3 segundos na olla e retiramos.

Volvemos a esperar a que ferva o auga e repetimos e proceso 3 veces.

Na terceira vez, deixamos o polbo no auga e poñemos fogo medio durante 30-40 minutos.

Por último, cando o polbo estea terno, o sacamos e reservamos durante 15 minutos.

Unha vez pasado ese tempo, cortamos os tentáculo e servimos con aceite, pementón ó gusto e sal.

Back To Top