Se falamos do mar, tamén temos que falar do pescado. As Rías Baixas son marisco, por suposto, pero o seu dia a día é moito máis que iso. Entre todos eles, destaca un pescado branco, o rodaballo.
Aquí vai unha receita doada de rodaballo á galega.
Para 4 persoas.
Ingredientes
2 rodaballos
Patacas
200 gr. de chícharos verdes
3 dentes de allo
Aceite de oliva virxe extra
Vinagre
Un chisco de sal
Elaboración
Primeiro, pelamos, lavamos e cocemos as patacas con sal (ollo, porque imos a engadir o rodaballo cando queden 10 minutos de cocción).
Mentres se fan as patacas, poñemos os chícharos verdes ó fogo en auga e sen sal, agardamos a ferva, e cocemos durante 3 minutos máis.
A continuación, pelamos e laminamos os dentes de allo, e fritimos a fogo medio cun chorro de aceite nunha tixola.
Cando estea dourado, apagamos o fogo e reservamos.
Esperamos a que arrefría o aceite e engadimos o pementón. Seguidamente, remexemos e volvemos a reservar.
Por último, ímonos con rodaballo. Lavamos, secamos e votamos sal á peza e, cando ás pataca lles queden 10 minutos, votamos o noso pescado na olla, tapamos e deixamos eses minutos.
Unha vez pasados os 10 minutos, servimos nun prato.