Non hai dúbida, nalgunhas receitas, o produto é o máis importante. Esta é unha delas, é un 10 garantido, e por sorte, na provincia de Pontevedra un produto asegurado. A proximidade é sinónimo de calidade, por iso traemos unha receita de zamburiñas á prancha.
Ingredientes
12 zamburiñas
150 ml de aceite de oliva virxe extra
2 dente de allo
1 cullerada do perexil
Chorro de limón
Un chisco e sal
Elaboración
Lavamos o exterior das conchas con auga fría e abrímolas con un coitelo. É importante rascar amodo por enriba para despegar a carne.
Unha vez abertas, retiramos as partes non comestible con coitelo e tesoiras. Deixamos a parte branca, que é o músculo e o coral.
Cando estea limpa, lavamos con auga fría e sal durante unha hora para retirar a area.
Pasada a hora, botamos o allo e o perexil nun procesador e trituramos; e engadimos o aceite e un chorriño de limón. Mesturamos.
A continuación, poñemos as zamburiñas boca abaixo e a prancha cun pouco de aceite e durante 1 minuto, e facemos o mesmo polo outro lado.
Coas zamburiñas “boca arriba”, engadimos unha culleriña da mestura de aceite, allo, perexil e limón; e as deixamos 2 minutos máis ata que vexamos burbullar a nosa mestura.
Retiramos as zamburiñas e empratamos.