Río Barosa
O espazo natural ‘río Barosa’ constitúe un fermoso complexo etnográfico-medioambiental onde gozar da natureza e afondar na tradición galega e de Terras de Pontevedra a través do muíño.
Este espazo, situado no municipio de Barro, no lugar da Maquieira, acolle o conxunto de muíños máis importante de Terras de Pontevedra. Este conxunto está formado por 17 muíños tradicionais sobre o río Ameixeira, recentemente restaurados e en asombroso estado de conservación.
Ademais da beleza da construción destes muíños, o visitante pode gozar dunha serie de camiños, pontes e dun merendeiro; todo elo nun excepcional e fermoso paraxe natural no que a auga se precipita desde o alto do río Barosa creando unha fermosa fervenza.
A canción da auga que cae, xunto coa fermosura do lugar, cos muíños dispostos en escaleira até a parte máis baixa nun espazo natural inmellorábel, provocan a admiración de todo aquel que os visita, que tamén pode gozar do baño nas pozas que se forman.