Ruta sensorial Illa do Covo

Co programa Rutas para todos na Illa do Covo, as persoas con discapacidade tamén poden realizar un percorrido que subliña tanto a natureza circundante como as pezas de arte que a habitan e a converten nun museo ao ar libre. Esta é unha ruta adaptada para públicos con capacidades diversas na que se explote todo o potencial sensorial.
Hoxe as cidades están sometidas a procesos continuos de cambio, con novos escenarios e ritmos sociais, o que esixe modelos urbanísticos axeitados que adapten os seus diagramas sectoriais a novos esquemas para resolver os problemas de accesibilidade, especialmente en contornas naturais. En Pontevedra estase a abordar de xeito responsable esta cuestión, facilitando experiencias educativas e de recreo a todas aquelas persoas que teñen limitadas as súas condicións intelectuais, sensoriais e motoras.
Co seu programa de Rutas adaptadas, Terras de Pontevedra propón incidir nos seguintes parámetros fundamentais na Illa do Covo: estender o acceso e goce deste espazo natural a toda a poboación, mellorar o coñecemento dos valores culturais e naturais desta contorna única, destacar as pezas de granito de grandes artistas internacionais e da terra, e abordar a accesibilidade inmaterial do espazo, proporcionando unha experiencia máis completa e satisfactoria ao alcance da maior diversidade de visitantes posible.
A ruta é guiada, de forma periódica e programada, un guía especializado conduce a un grupo diverso explicando as esculturas e a paisaxe natural, engadindo ao percorrido pausas para percibir sons e aromas que completan a experiencia sensorial.
Info
Concertación de visitas guiadas en:
Casa da Luz.
Praza da Verdura s/n 36002. Pontevedra.
Telefóno: +34 986 090 890.
Mail: info@visit-pontevedra.com.
En relación ás persoas de mobilidade reducida compre destacar que o circuíto é case circular e pódese usar a audioguía ou o pdf e facer unha visita desantendida. O chan é de terra compactada e a pendente case nunca supera o 6%. En relación ao aparcamento cabe sinalar que hai prazas para persoas con mobilidade reducida no Pazo da Cultura. que está nas inmediacións.
Descargar pdf Guía de texto rutas para todos
Descargar pdf Guía de plantas e árbores
Audioguías para todos Illa do Covo
2. Ceo Acurtado de Giovanni Anselmo
3. Xaminorio xunquemenes obay de Enrique Velasco
5.Labirinto de Pontevedra, de Robert Morris
6 Liña de Pontevedra, de Richard Long
7. Folie (Pequeño paraíso para Pontevedra), de Anne e Patrick Poirier
9. Saavedra (zona de descanso) de Francisco Leiro
10. Lamed Vav, os 36 Xustos, de Fernando Casás
12. S/N (sen nome), de Jenny Holzer