San Xoán
A festa de San Xoán celébrase en todo o territorio de Terras de Pontevedra a noite do 23 de xuño, coa peculiaridade de ser a noite máis longa do ano. Esta noite máxica adquire un sino especial no que o lume das cacharelas aviva o ambiente mesturándose con tradicións e lendas marabillosas, con conxuros e remedios, que teñen lugar ao abeiro das faíscas.
Entre as moitas lendas e mitos que chegan até os nosos días é popular aquel que conta que se deben escribir tres desexos, para máis tarde queimalos na fogueira e se fagan realidade. Tamén a tradición conta que para escorrentar os meigallos é preciso saltar as brasas da fogueira até tres veces.
E para agarimar o padal nada como as tradicionais sardiñas asadas, acompañadas de pan de millo e viño tinto, sen esquecernos da popular queimada galega co habitual conxuro.
As festas de San Xoán adquiren unha relevancia especial no concello de Poio. É destacábel a celebración que se traslada á praia de Lourido, á que acoden todos os anos multitude de mozos.
Ligazóns de interese
TURGALICIA: www.turgalicia.com
TURISMO RIAS BAIXAS: turismoriasbaixas.com