skip to Main Content

Sendeiro Azul A Ruta das Praias

Marín ofrece aos fans do trek, ciclistas, e aínda a persoas con mobilidade reducida, sorprendentes alternativas para o paseo. A Rutas das Praias está dotada dun carril bici entre Portocelo e a Praia do Santo do Mar que permite gozar dunha paixase extraordinaria na beira do mar. Esta ruta foi recoñecida como Sendeiro Azul por ADEAC e a Fundación Biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente.

As persoas discapacitadas poden facer parte desta ruta, especialmente ata a praia de Mogor, e ata dispoñer de equipamento para o baño adaptado en Portocelo.

De incuestionable beleza, esta ruta ten un percorrido de 8,5 Kms. Comeza no aparcadoiro previo a praia de Portocelo para continuar polas praias de Mogor, Aguete e Loira sucesivamente, rematando a ruta na praia do Santo. Esta ruta alterna tramos de estrada con camiños naturais cunha zona de interese arqueolóxico polos seus petroglifos. A dificultade da ruta é baixa estando claramente sinalizada con paneis indicadores e marcas de cor azul-branco (pintadas en pedras, muros e no chan).

Información en pdf

Rutas de Sendeirismo en Marín
Ruta das Praias

Direccion
Dirección
Playa de Portocelo s/n
36900, Marín - Pontevedra
Tel. +34 986 83 81 17
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.391911035474365, -8.71388588822174
DMS: 42°23'30.88''N 8°42'49.989''O
Acceso
Acceso
En visita non guiada pódese acceder desde o centro de Marín no inicio da PO 551 que vai cara a Bueu, e chegar á Praia de Portocelo, ou partir desde esta mesma praia. O acceso para a ruta programada polo Concello parte da Alameda Rosalía de Castro. A hora de saída é ás 10:00, tendo que estar 15 minutos antes.
Info Util
Info útil
Inscrición: sendeirosmarin@gmail.com | 607 155 726
Máis info Concello de MarínFacebbok de Marín

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top