skip to Main Content

Paseo e Praia Fluvial de A Calzada

A Praia Fluvial de Calzada ten 250 metros de lonxitude e recibe uns 250 visitantes de media ao día no verán. Trátase dunha zona de baño formada por unha presa de pedra nun bosque de ribeira de bidueiras, castiñeiros e carballos que recibiu a única bandeira azul fluvial de España.

O mellor xeito de achegarse a Calzada é paseando desde o centro da vila. Dende a ponte que cruza o Río Verdugo en Ponte Caldelas, parte un pequeno paseo de menos de 900 metros que percorre a ribeira do río ata chegar á Praia. O paseo conta con iluminación, un coidado mobiliario urbano, e unha senda que percorre o río. A escasos minutos andando pola senda localízase a praia fluvial da Calzada, que ocupa un amplo lugar de esparexemento con mais de 250 metros lineais de ribeira de río.

A Calzada conta con todos os equipamentos para pasar un día inesquecible: aguas limpas e cristalinas, cualificadadas como excelentes na tempada 2015, con zonas de baño especializadas, para adultos e nenos e mesmo para animais, e dous parques, un parque infantil e outro biosaludable. Conta tamén ten un bar e un merendeiro. Tal é a calidade dos seus servizos que foi recoñecida coa primeira bandeira azul fluvial de España.

Outra das opcións para chegar e mediante vehiculo, pois compre destacar o grande aparcadoiro do lugar.

Direccion
Dirección
Río Verdugo
36820, Ponte Caldelas - Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.39098878904635, -8.491538070238436
DMS: 42°23'28.31"N 8°29'29.13"O
Acceso
Acceso
Acceso rodado para vehículos ata a mesma praia, amplio parking.
Info Util
Info útil
Dispón de aseos, duchas, merendeiro e bar.

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top