skip to Main Content

Ruta do Monte Penizas

Marín ofrece aos fans do trek, sorprendentes alternativas para o sendeirismo. Unha delas é a Ruta do Monte Penizas que permite camiñar polo interior do concello, divisar a ría e a illa de Tambo desde o alto, e coñecer o beleza da contorna dos Muiños do Loira.

Ruta do Monte Penizas

O percorrido é de 6,5 Km., partindo do lavadoiro do río Lameira pasando preto do restos do Castro de Subidá, para continuar ata o cumio do monte e rematar na igrexa de Santo Tomé de Piñeiro.

igrexa santo tome marin provisional

A ruta alterna tramos de estrada con camiños naturais. Desviándonos do itinerario poderemos ver a Igrexa de Santa María do Campo e os Muiños do río Loira que é unha zona de grandes valores naturais e paisaxísticos.

A dificultade da ruta é media, pois a ruta sobe 202 metros e ten unha pendente media do 10%. As pendentes máis pronunciadas pasan do 20% e están no inicio e ao chegar ao cumio. O percorrido lineal é de menos de seis quilometros (5.800 metros), pero poden ser seis e medio ou sete se optamos por achegarnos aos Muiños do Loira (recomendado). A duración ida e volta difícilmente baixa das 3 horas.

A ruta é para camiñantes, pero hai bastante seguidores do MTB que fan esta ruta en bici. O percorrido está claramente sinalizado tanto con paneis indicadores como con marcas de cor azul-branco de Terras de Pontevedra, ou vermellas, pintadas en pedras, muros e no chan.

O traxecto pódese realizar en calquera estación do ano. Descargar folleto Ruta do Monte Penizas.

Direccion
Dirección
Parque de Briz
36900, Marín - Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.3882887613, -8.70509166656
DMS: 442°23'17.84"N 8°42'18.33"O
Acceso
Acceso
Podes partir da parte sur da Granxa de Brize onde atoparás unha subida cunha forte pendente por asfalto ata chegar a un pequeno lavadoiro onde realmente principia a ruta.
Info Util
Info útil

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top