skip to Main Content

Ruta dos Muiños da Freixa

A Ruta dos Muíños da Freixa percorre o tramo final do Regato de Cancela, na parroquia de san Xoán, onde un total de sete muíños dan sentido histórico e cultural a visita desta fermosa zona natural.

Na contorna inmediata ao inicio deste percorrido encóntrase a desembocadura deste regato, a área deportiva de A Seca, así como o Parque da Memoria, obra do Premio Nobel da Paz, Pérez Esquivel.

Regato arriba apenas 1 km do final da ruta encóntrase a Casa do Concello e o Mosteiro, situados nun enclave patrimonial privilexiado.

Máis info

Se queres facer este percorrido non dubides en descargar este pdf onde poderás encontrar toda a información necesaria para facer a ruta.

Descargar Rutas dos Muiños de Poio

Direccion
Dirección
Camiño Freixa, 7
36995, Poio - Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.43776765017684, -8.6876921430611
DMS: 42°26'15.964''N 8°41'15.691''O
Acceso
Acceso
Acceso peonil á ruta.
Info Util
Info útil
Ruta de sendeirismo pola marxe dos ríos Cancela e Freiría con sete muíños de auga que teñen a súa orixe no século XVI e que foron recentemente restaurados.

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top