skip to Main Content

Ruta dos Muiños de Samieira

A Ruta dos muíños de Samieira é un percorrido pola historia do río Freiría que nos mostra un conxunto etnográfico formado por 23 muíños.

O nome de río Freiría, tamén chamado Rego dos Muíños, tea a súa orixe toponímica na palabra “frailes”, xa que o río era coñecido como “río dos frailes”, posto que no lugar do seu nacemento, a zona de O Busto, un nobre convertido a fraile construíu un pequeno mosteiro do que non quedan restos.

A senda comeza na Praza de Alfredo Romay, en Samieira, e desde alí en dirección sur encontramos o primeiro muíño da ruta (Muíño de Cubo de Abaixo) e continuando a senda chegamos a Fontemulleres, onde se encontra o oco das campás. Volvendo a Praza de Samieira e continuando cara ao norte descubrimos os demais muíños.

O primeiro quilometro do percorrido discorre por Samieira, e partires de aquí encontramos máis vinte muíños en diferentes estados de conservación. Tras deixar atrás a Área de Xirome, entramos nunha franxa de bosque de ribeira que ascende ata o foxo das vacas que aínda se mantén en bo estado de conservación.

Se queres facer este percorrido non dubides en descargar este pdf onde poderás encontrar toda a información necesaria para facer a ruta.

Descargar Rutas dos Muiños de Poio

Direccion
Dirección
Samieira
36992, Poio - Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.419116889082915, -8.739077739086952
DMS: 42°25'8.821''N 8°44'20.679''O
Acceso
Acceso
Acceso peonil á ruta.
Info Util
Info útil
Ruta de sendeirismo pola marxe dos ríos Cancela e Freiría con sete muíños de auga que teñen a súa orixe no século XVI e que foron recentemente restaurados.

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top