skip to Main Content

Terras de Pontevedra, Camiña entre dúas augas

Terras De Pontevedra, Camiña Entre Dúas Augas

A nosa cultura sempre tivo unha forte conexión coa auga, tanto en forma de choiva, río ou mar, por iso nosas vilas teñen alma e contan historias de xentes valentes.

Terras de Pontevedra, en pleno corazón das Rías Baixas, é un destino turístico onde a auga é un dos seus grandes atractivos. Auga que xera unha paisaxe única nas súas zonas de montaña e unha cultura vinculada ao mar nas súas zonas de costa.

Bañado polas rías de Vigo e Pontevedra e polos ríos Lérez e Verdugo, estas augas son testemuñas da nosa historia e da nosa forma de vivir.

Augas que cantan, que contan historias de piratas, que falan de festas, de lendas, de duros días de traballo, das nosas xentes, de gastronomía, de arte… todo iso e máis…por iso…mergúllache connosco nesta viaxe.

Pobos do mar, bañados pola ría de Pontevedra e a ría de Vigo, as súas augas son tranquilas, perfectas para a navegación e todo tipo de actividades ao aire libre, piragüismo, #ver, mergullo… e como non, para gozar das nosas praias onde atoparás algunhas máis turísticas, situadas en espazos semiurbanos, onde gozar dun marabilloso día en familia e outras máis pequenas e acolledoras, situadas en zonas máis rurais.

Xentes do mar, deportistas, navegantes, piratas, carpinteiros e redeiras… durante séculos pescamos e mariscando nas nosas rías de forma artesanal sendo sustentable para o seu mantemento e colléitaa con agarimo dos froitos que nos dá o mar. No noso destino tes a oportunidade de coñecer de primeira man todos os segredos desta ancestral profesión da man dos seus protagonistas, as mariscadora da ría de Pontevedra con visitas guiadas polas praias ensinando o seu oficio.

Ríos, fervenzas, praias e paseos fluviais forman parte da beleza natural de Terras de Pontevedra, vilas de interior de paisaxes idílicos nos que gozar de roteiros de sendeirismo para coñecer tamén a nosa cultura a través dos antigos muíños de auga, antigos roteiros comerciais, petos de ánimas, zonas de arte rupestre…  e por suposto zonas de baño de augas cristalinas con áreas de recreo para os máis pequeños ou  merendeiros sonde pasar un día inesquecible rodeado de natureza.

Gastronomía, herdanza milenaria. No noso destino cómense os mellores peixes e mariscos do mundo, non deixes de visitar os nosos mercados de abastos para gozar do produto fresco das nosas costas, todo un espectáculo aos sentidos.

As cinco delicatessen top da nosa despensa son os lagostinos, as ameixas, os mexillóns, as vieiras e o polbo, todos eles maridados cos nosos viños. Non deixes de levarche algunha lembranza na túa visita como algunha das conservas estrela do noso territorio, de incomparable calidade onde o produto vai da lonxa á lata.

Back To Top