Terras en cadeira de rodas
Para todas as persoas toda viaxe sempre representa unha aventura, e se o viaxeiro ten algunha minusvalía isto pode supoñer unha complicación engadida, pero non necesariamente ten que resultar un problema insalvábel.
A maioría dos destinos poden adaptarse en maior ou menor medida, para que sexan accesibles, e neste caso tomouse obxectivo o achegar Terras de Pontevedra aos usuarios de cadeira de rodas. Tomouse como punto de partida que nos usuarios de mobilidade reducida cada persoa é un caso diferente e debe ser consciente das súas posibilidades e limitacións.
A redacción destes cadernos pretende dar pautas sobre niveis de dificultade para a viaxe resulte cómodo, agradábel e sen sorpresas de última hora. Por esta razón, redactáronse sete cadernos, un por cada concello da mancomunidade.
Todos os cadernos seguen un esquema común, composto por estes apartados:
- Directorio: enderezos e datos de contacto dos principais puntos de referencia.
- Distancias: Atangue dous grupos. Un, coas distancias entre o concello ao que fai referencia o caderno e os demais concellos de Terras de Pontevedra. Outro, entre o mesmo concello e as sete cidades de Galicia.
- Zonas destacadas: fai referencia ás principais zonas, reclamos e puntos de interese.
- Descrición: apórtase un conxunto de imaxes e, a unha descrición sinalando facilidades e dificultades do percorrido.
Cadernos de mobilidade reducida de Terras de Pontevedra
Descargar pdf “Caderno de mobilidade reducida para Campo Lameiro”
Descargar pdf “Caderno de mobilidade reducida para Cotobade”
Descargar pdf “Caderno de mobilidade reducida para Marín”