Terras de Pontevedra no teu obxectivo
“Terras de Pontevedra no teu obxectivo” é unha nova actividade dirixida a todas persoas interesadas na fotografía paisaxística e no coñecemento dos recursos turísticos das Terras de Pontevedra.
Durante os meses de setembro e outubro levaranse a cabo sete talleres fotográficos polos Concellos que integran a Mancomunidade:
- Mar e montaña: Miradoiro do monte Castrove, Poio. 21/9
- Serpes e petróglifo: Castelo da Penalba, Campolameiro. 22/9
- O efecto seda no río: Pozas do río Almofrei, Cerdedo – Cotobade. 28/9
- Fotografía panorámica: Miradoiro de Cotorrendondo, Vilaboa 29/9
- Fotografía panorámica: Torres do campanario da igrexa da Peregrina e da basílica de Santa María 5/10
- Ponte Caldelas panorámica: Serra da Castrelada 6/10
- Fotografiando os sentidos: Finca de Briz, Marín 13/10
Haberá un límite de 12 PRAZAS POR SAÍDA que se asignarán por orde de inscrición no correo talleres@terrasdepontevedra.org
Os talleres terán unha duración de catro horas (de 10:00 a 14:00 h) e é recomendable levar calzado cómodo.
En caso de que a climatoloxía non permita a saída, proporanse novas datas.
Os menores de 12 anos deberán ir acompañados polo seu titor legal. Esta actividade non supón ningún custo para os participantes.