Praias accesibles
Para que todas as persoas, incluíndo aquelas con discapacidade, poidan gozar da praia e do baño é necesario que esta teña unhas instalacións que faciliten a súa utilización a persoas de mobilidade reducida. Terras de Pontevedra é consciente diso e oferta praias adaptadas con ramplas accesibles e cadeiras anfibias para o baño de discapacitados.
Os concellos de Poio e Marín teñen sido dos primeiros en Galicia de adaptar a súa oferta de praias a “Orde VIV/561/2010, de 1 de febreiro, por la que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o aceso e utilización dos espazos públicos.
Na actualidade todas as praias relevantes dispoñen de ramplas de acceso, e aparcamentos reservados para PMR, pero complementariamente ás condicións de accesibilidad das instalacións, tamén deben preverse unha serie de servizos dirixidos ás persoas con necesidades especiais, que foron especialmente coidadas en catro praias de Terras de Pontevedra.
No concello de Poio atopamos dúas con praias bandeira azul excelentemente adapatadas, Xiorto e Cabeceira, e en Marín, Mogor e Portocelo, que son praias con bandeira azul e o distintivo Emas, están tamén preparadas para o turismo accesible con aparcamentos PMR, ramplas accesibles que chegan ata area, cadeiras anfibias para o baño de discapacitados, e persoal de axuda para os mesmos.