skip to Main Content

Labirintos de Mogor

Propoñemos un bo plan para o visitante: pasar un fermoso día na praia de Mogor, e rematar o día cunha achega aos seu famosos petróglifos, contemplando a Pedra dos Campiños, a Pedra dos Mouros e famosa Pedra do Labirinto baixo a atenta mirada do mar no solpor.

Os Labirintos de Mogor constitúen a mostra máis representativa de petróglifos no municipio de Marín. Situados en Mogor, fronte á praia que leva o mesmo nome, atopamos un pequeno centro de interpretación e unha senda que une as tres pedras deste conxunto: a Pedra dos Campiños, a Pedra dos Mouros e famosa Pedra do Labirinto, con sete composicións circulares que relacionan as tradicións rupestres atlántica e mediterránea.

Ao pé da estación atopamos un Centro de Interpretación, onde se nos explica a importancia desta manifestación de arte rupestre. Durante o verán o Centro organiza visitas guíadas.

Audioguía de Petroglifos de Mogor

altavozDescargar

Direccion
Dirección
Coordenadas
Acceso
Acceso
Info Util
Info útil
Back To Top