skip to Main Content

Museos

A oferta turística de Terras de Pontevedra é tan ampla que permite conxugar o deporte co descanso, o lecer coa cultura, e qué mellor lugar para gozar da cultura que os museos da mancomunidade.

Sería mágoa deixar de visitar o Museo Provincial de Pontevedra, no casco vello da cidade de Pontevedra (Conxunto Histórico-Artístico), considerado coma o máis importante de Galicia, de entrada de balde (agás extracomunitarios) é un excelente referente para coñecer o pasado da zona. Tamén o Museo do Mosteiro de Poio (Monumento Histórico-Artístico), asentado en Poio desde aló menos o século X, é un bo lugar para achegar ao visitante á cultura e arquitectura da zona, contando – entre outros atractivos- cunha antiga biblioteca de máis de 100.000 volumes. O Museo Manuel Torres de Marín amosa unha boa parte da obra do excelente pintor Manuel Torres, e permite coñecer a través dela a cultura e tradicións da zona.

O Pazo da Cultura de Pontevedra tamén atrae actividades e exposicións que se reproducen ao longo do ano. O Teatro Principal de Pontevedra, se ben non acolle exposicións, tamén é lugar de encontro de numerosos espectáculos musicais, teatrais e de danza.

A Obra Social Caixa Galicia ou a Obra Social Caixanova traen á cidade de Pontevedra durante todo o ano exposicións temporais do máis alto nivel. Aconsellamos ao visitante informarse durante a súa estancia porque de seguro haberá algunha que satisfaga os seus intereses. Estas mesmas entidades organizan eventos de todo tipo e para todos os gustos (concertos, obras teatrais, ópera, danza).

Back To Top