Foto: Outeiro de Codeso, Laxe 2. Xesús Rodríguez Castro.
En agosto de 2006, coa vaga de incendios, no monte veciñal de Perdecanai no cumio dun outeiro chamado “o outeiro codeso”, a queima da vexetación desvelou unhas laxes con gravados sen catalogar. Por sorte ás laxes cos gravados non lles afectou directamente o lume por estar a ras do chan, e o outeiro permite hoxe a contemplación de catro laxes con motivos circulares.
Descrición Técnica
As laxes están no cumio dun outeiro “o outeiro codeso” cuberto de pedras graníticas moi aqueladas pola utilización dos penedos como canteira. Preto do cumio pola súa ladeira oeste atopamos un conxunto de tres laxes situadas a ras do chan con gravados circulares. Trátase de laxes moi irregulares planas situadas unhas a carón das outras. No ano 2010 descubriuse unha cuarta situada preto do conxunto anterior.
Laxe 1
A primeira situada mais ó norte no punto mais alto do conxunto é a mais interesante polo número e calidade dos gravados. Lixeiramente soterrada na súa parte mais baixa con dúas combinacións circulares. Unha con dous círculos concéntricos (27 e 10 de diámetro) e outra conformada por outros tres círculos concéntricos (31 , 19 e 11 ). Trazos de sección en “U” ben aberto e con profundidade entre 1 e 3.
Laxe 2
E a mais pequena das tres laxes, con forma lixeiramente triangular con dúas combinacións circulares das que destaca un motivo o oeste e debuxa dous semicírculos círculos concéntricos de 20 e 15 de diámetro abertos ou desmantelados cara o leste. A segunda combinación ó leste conformada por dous semicírculos concéntricos de 20 e 11 asemade abertos cara u oeste.
Laxe 3
Contigua a primeira laxe polo sur , é mais grande do conxunto (176 por 65 .). Con unha combinación circular no extremo norte conformada por dous círculos concéntricos de 21 e 22 de diámetro e coviña central de 3 de diámetro
Laxe 4
Nunha visita feita o 14/03/10 Xesus Rodriguez localiza unha pedra con situada preto do conxunto, destaca unha situada na parte da pedra e dous conxuntos de mais pequenas que debuxan un triángulo e outro que define un cadrado.