skip to Main Content

Marín

O máis destacable para o turismo que chega a Marín son as súas praias de fina area, que se estenden desde a vila de Marín ata o concello de Bueu. Areais de con bandeira azul, e certificación EMAS, distintivos de excelencia para unhas praias acalmadas de augas cristalinas de cor esmeralda situadas en contornas naturais de grande beleza

Marin 2

A primeira, a de Portocelo, está a pouco máis dun quilómetro do centro urbano. A ela chégase atravesando un fermoso paseo marítimo. A Praia de Mogor atópase a uns 600 metros da anterior, e nela é obrigado facer unha vista aos seus famosos petroglifos, os Labirintos de Mogor, que gozan dunha área arqueolóxica perfectamente acondicionada e dun Centro de interpretación.

A Praia de Aguete é un areal rodeado de abundante arborado que conta cun pequeno porto deportivo, e o Club de Mar, que ofrece cursos de vela nas instalacións do Porto Deportivo. A praia “Dos namorados”, pequena e recolleita, está logo da Punta da Moa. Completan a relación de areais, A Praia de Loira, no pobo mariñeiro do mesmo nome, e o conxunto que fan a Praia de Santo do Mar e A Coviña. Para rematar a Praia de Lapamán, compartida con Bueu, que é  tamén bandeira azul.

Pero Marín é máis que praias. O casco urbano de Marín tamén merece unha visita para ver o Museo Manuel Torres ou pasear polas súas curtas e estreitas rúas e Prazas como a Praza do Reloxo, a Praza de Abastos e as rúas Real e Echegaray, ademais de interesantes barrios como o de Cantoarea. Pero son sen lugar a dúbida a Alameda, co seu Palco da Música e os seus magníficos xardíns, e o anovado Parque de Briz, cun engaiolante Parque dos Sentidos, os lugares preferidos para o paseo de veciños e visitantes.

Marin 5
Marin 4

Si gustas do turismo activo Marín pode ser un dos teus lugares preferidos. Neste concello esta situado o Ecoparque de Marín, o mais relevante de Galicia. Ademáis durante todo o ano é posible facer distintas rutas tanto polo monte como a beira do mar. As máis interesantes son a Ruta dos Cinco Miradoiros, unha ruta circular que amostra o mellor desta vila, e o Sendeiro Azul Ruta das Praias, cun carril bici ao longo de todo percorrido, aínda que tamén hai outras para camiñantes expertos como a do Monte Penizas.

O chamado Templo Vello, no casco vello, na Praza do Reloxo,  e as igrexas románicas de Santa María do Campo, e de Santo Tomé de Piñeiro son os elementos máis destacables da arquitectura relixiosa do concello.

Marin 3
Marin 1
Back To Top