*Imaxe de solpor en Mogor por Aworldtotravel.com
Terras de Pontevedra é un gran territorio con moitos atractivos turísticos, algúns deles grandes descoñecidos para a maioría dos viaxeiros. Pedimos ós blogueiros de viaxes de Galicia que percorresen os concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa e que compartisen connosco as súas impresións e os recunchos que máis lles gustaran ou que máis chamaran a súa atención.
O resultado é #Adéntrate, 15 perspectivas únicas sobre o noso territorio que esperamos vos conviden a explorar máis Terras de Pontevedra:
“Desprazámonos a unha zona de Galicia que ten de todo: Natureza, patrimonio, gastronomía… Terras de Pontevedra é un gran mundo por descubrir nas Rías Baixas”.
Bea Sotelo lévanos de viaxe por 20 espazos naturais en Terras de Pontevedra: rutas, sendeiros, parques, praias e en xeral grandes zonas nas que desfrutar do aire puro e da natureza. Pódeos ler no blog Petiscos Galegos.
“Pontevedra, cidade única e amable ó viaxeiro. Campo Lameiro, capital da arte rupestre. Cerdedo-Cotobade, patrimonio cultural e histórico sen igual. Marín, unha das imaxes turísticas de Galicia. Poio, combinación de paisaxe mariñeiro e rural. Ponte Caldelas, típico pobo galego por excelencia. Vilaboa, a comarca sorpresa. A Lama, o lugar perfecto no que desaparecer. Barro, espazos máxicos, salvaxes e protexidos.”
Isaac Martín do Blog Chavetas percorre os 9 concellos que forman parte de Terras de Pontevedra en coche. Polo camiño, petróglifos, praias, salinas, mosteiros,… son solo algunhas das cousas que nos recomenda na súa Ruta en coche por Terras de Pontevedra.
“Entre a zona litoral e o sorprendente interior de Terras de Pontevedra atopas museos, rutas, recunchos e unha infinidade de propostas de ocio familiar para encher de contido as nosas fines de semana”.
Carmen D. Díaz explora o noso territorio en familia para descubrirnos Qué facer con nenos en Terras de Pontevedra a través do popular blog de viaxes con nenos Escapalandia.
“De historia e tradicións únicas, arraigada cultura e gastronomía de excepción, mar e montaña, ríos e vales, impresionantes praias e exuberante natureza; esta mancomunidade turística é perfecta para explorar un pouco máis a nosa querida Galicia.”
A parella viaxeira Inma e Jose propóñennos plans para tódolos gustos e petos en Terras de Pontevedra a través da súa web de alcance internacional A World to Travel. Podédelos atopar en 11 plans para todos os gustos nas Rías Baixas
“Na miña viaxe por Cerdedo-Cotobade non podía deixar de pensar como é posible que esta zona non sexa coñecida, nin visitada, co cerca que está das aclamadas Rías Baixas e a cantidade de atractivos que oferta. Porque non falamos só de sendas de natureza, senón de miradoiros, igrexas románicas, conxuntos etnográficos de hórreos ou muíños, calzadas romanas, castros, petróglifos…”
Eva Abal percorre o concello de Cerdedo-Cotobade en Una Idea Un Viaje con máis de 15 cousas que facer neste gran territorio de natureza, patrimonio cultural e gastronómico.
“Cando conduces polas súas estradas ou andas polos seus sendeiros, este concello namórate polas súas paisaxes… Conxuntos de hórreos, vales cheos de árbores e prados con vacas pastando, un omnipresente río que labra toda a xeografía da zona, calzadas romanas, ermidas con moita historia, pontes con lendas e un via crucis nun marco inmellorable.”
Rubén López fálanos tamén de Cerdedo-Cotobade e doutros puntos de Terras de Pontevedra a través das súas xentes e da historia recente do concello. Faino a través do seu blog Caminante del Planeta co artigo Cerdedo-Cotobade, hórreos e vales no interior de Pontevedra.
“Persoalmente gústame desfrutar da natureza e de lugares pouco concorridos, por iso me gusta tanto Vilaboa. Aquí vos comparto uns cantos para cada época do ano.”
O coñecido blogueiro galego Alberto Ribas desvela algúns dos seus lugares e plans favoritos no concello de Vilaboa no seu blog Alvientooo con 10 plans para facer en Vilaboa.
“En Campo Lameiro, a capital galega da arte rupestre, as rochas falan con voz ancestral.”
Así comeza o percorrido do blogueiro de orixe madrileña e residente en Galicia Dani Keral, pola arte rupestre de Campo Lameiro e o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR). Cun deseño orixinal que permite visualizar de forma dinámica as fotos e os calcos dos petróglifos, Un Viaje Creativo amósanos os recunchos máis sorprendentes do concello.
“Albariños multipremiados, bodegas co nome dun dos poemas de amor máis relevantes da poesía europea, unha das IXP de máis recente creación de toda Galicia… ¿Non vos parece suficiente motivo para visitar Terras de Pontevedra?”
Rafa e Paula do blog Viajando el Mapa destacan o carácter dos viños de Terras de Pontevedra a través de dúas rexións e bodegas moi diferentes: Adega Moraima en Barro y Os Areeiros en Vilaboa.
“O patrimonio de Terras de Pontevedra permítenos viaxar tralas pistas do Colón galego, que son moitas, e comprobar cos nosos propios ollos das posibles probas desta hipótese.”
Miguel Magdalena de Tintineando, percorre o concello de Poio a través da figura do navegante e dos puntos que conectan a historia da ría de Pontevedra coas teorías da súa orixe galega no artigo A Casa Museo de Cristóbal Colón: cuna da súa orixe galega.
“Se de algo pode presumir Marín é de ter no seu territorio unhas praias paradisíacas, que contan na súa maioría co distintivo de Bandeira Azul. Unha vez que coñeces as súas praias xa non as esqueces, pola súa area finísima e unha cor do mar que nada ten que envexar a outras praias mis renomeadas.”
Luz Picos de El viajero accidental viaxa por Marín para descubrinos non só as súas praias paradisíacas, senón tamén as súas rúas e historias únicas en Marín, telo que descubrir.
“Percorrín o bonito casco antigo de orixe medieval de Marín e as rúas e prazas de Pontevedra, namorándome un pouco máis con cada paso.”
Rocío de Viajando a mi manera propónnos a través destes dous artigos sobre Marín e a cidade de Pontevedra, unha visita máis urbana a Terras de Pontevedra, con cantiosos pontos de interese e ideas para aqueles viaxeiros que se moven en transporte público polas Rías Baixas.
“Pontevedra… ten que ter á forza moita maxia para calquera peregrino cun mínimo espírito viaxeiro… esta maxia síntela dende o mesmo instante en que te paras ante a singular fachada da Igrexa da Virxe Peregrina, lanzas a mochila sobre a pequena escalinata da entrada e estiras os brazos intentando coller ambos campanarios coas xemas dos dedos.”
Noelia Ramos fai o Camiño de Santiago ó seu paso por Terras de Pontevedra. Unha experiencia única no trazado máis tradicional do Camiño Portugués, con especial mención ás variantes non oficiais pero igualmente atractivas do Pai Sarmiento e a Variante Espiriatual no seu blog Woman to Santiago.
“Co obxectivo de descifrar aínda máis o código xenético da beleza do meu país, fixen unha viaxe polo interior da provincia de Pontevedra e descubrín 4 destinos que merece ser engadidos nas axendas de todos os viaxeiros que non teñan medo a vivir o turismo plenamente.”
Miguel Otero de Planeta on tour viaxa a través de Terras de Pontevedra dende Ponte Sampaio, o lugar onde comeza a ría de Vigo, ata o interior, onde visita Ponte Caldelas e a súa praia fluvial de bandeira azul de A Calzada.
“Non basta cunha excursión dun día para ver todo o impresionante territorio de A Lama, asín que tiven que escoller entre carballeiras, praias fluviais, pobos pintorescos e lendas máxicas, e deixar de lado Verducido e os seus petróglifos, o Camiño Real e uns cantos pontes e fervenzas, ou morrer de esgotamento. Deixo todos estes lugares na lista polo momento, porque sei que aínda me queda moito por descubrir, ireivos actualizando.”
Leticia Pérez do blog Trucosviajeros.com amósanos dende a súa peculiar visión os segredos de A Lama en ¿Coñeces A Lama? e prométenos seguir explorando Terras de Pontevedra.
Esperamos volver a vervos a todos pronto. #Adéntrate en #TerrasdePontevedra
Segue explorando Terras de Pontevedra na nosa web e redes sociais. Tamén podes descargar este artigo en PDF.