skip to Main Content

Concello de Pontevedra

Esta casa Consistorial de estilo ecléctico decimonónico (1877-1890) é obra do arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmero. Na súa fachada principal destacan os dinteis das fiestras, os catro pares de columnas, o balcón o seu singular reloxo xunto aos frontóns das portas.

A Casa Consistorial atópase situada na Praza de España na confluencia do casco histórico coa alameda do Arquitecto Sesmero. Edifícase sobre os restos das antigas Casas do Concello (s. XV-XVI). É obra do arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmero e responde ao estilo ecléctico decimonónico (1877-1890). Desenvólvese a partir de dous pisos de altura con planta rectangular.

Os seus trazos mais destacables son os dinteles das fiestras e a fachada principal. Nela cabo destacar os seus catro pares de columnas, o balcón e o reloxo, así como os frontones das portas.

Unha mención especial merece a escultura de Ramón Conde que se atopa na parte traseira do edificio. Na Pontevedra do século XVI onde hoxe se levanta a casa consistorial atopábase, o mercado municipal ou alhóndiga. Á entrada, unha persoa contratada polo Concello encargábase de verificar pesos e medidas da mercancía que ía a ser posta a venda. Era o chamado «fiel contraste», un personaxe crucial na sociedade daqueles tempos, xa que as tarifas que se cobrarían no mercado dependían de que el verificase adecuadamente o peso do pan ou os cereales, ou as medidas de viño que entraban na alhóndiga.

Direccion
Dirección
Praza de España
Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.431919, -8.646829
DMS: 42°25'54.9"N 8°38'48.6"W
Acceso
Acceso
Aceso peonil.
Info Util
Info útil

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top