Situado na parroquia de San Salvador de Lérez e popularmente coñecido como ‘San Benitiño’, o mosteiro de San Salvador ou San Bieito de Lérez foi fundado no século X polos monxes beneditinos, e reformado nos séculos XVI-XVII, o que deu lugar ao actual templo neoclásico con fachada barroca do século XVIII, onde se amosa a imaxe de San Bieito nunha fornela.
Apegada ao muro sur mantense unha á do claustro do século XVI, onde aínda se poden observar nalgúns dos seus perpiaños signos lapidarios e inscricións románicas da antiga construción.
No que atinxe ao interior, de construcion posterior, destaca a capela de San Bieito (1700), que acolle unha fermosa imaxe do Salvador. A tradición é pasar de xeonllos por debaixo do altar do Santo como ofrenda.
No século XVI o claustro funcionou como Colexio de Humanidade e Filosofía, onde destacaron o P. Feijóo e o P. Sarmiento.