No casco histórico de Pontevedra sitúase o Parador que ocupa un palacio renacentista dos séculos XVI-XVII, antiga residencia dos Condes de Maceda destacando a súa portada neoclásica e unha señorial escalinata de pedra labrada que conduce ás habitacións..
No casco histórico de Pontevedra sitúase o Parador que ocupa un palacio renacentista dos séculos XVI-XVII, antiga residencia dos Condes de Maceda destacando a súa portada neoclásica e unha señorial escalinata de pedra labrada que conduce ás habitacións.
Distinguido, señorial e ilustre son tres cualificativos que definen un interior onde abundan os detalles insignes, as antigüidades e o mobiliario de carácter rexio, e conta ademais con relaxantes vistas sobre o xardín. Destaca a escalinata de pedra labrada que accede ás habitacións moi acolledoras e que acentúa o señorío e a nobreza propios do edificio.
O Parador conta cun excelente restaurante, dotado dun espléndido mobiliario, acorde co resto das estancias. Nel poderán degustar as excelencias da gastronomía galega.