Este antigo teatro, combina aspectos decorativos dos teatros do século XIX cun interior cun acondicionamento máis actual e moderno. Trátase dun espazo cultural pertencente ao Concello de Pontevedra, que ofrece unha ampla e variada oferta cultural ao longo de todo o ano.
O Teatro Principal está emplazado no centro da cidade, en pleno centro histórico de Pontevedra, o que permite unha integración social e cultural que non sempre se atopa. Edificado en 1842 sobre a vella igrexa de San Bartolomé foi reconstruído logo dun grave incendio.
Foi inaugurado en xaneiro de 1997, e é obra do arquitecto Xosé Ramón Miyer Caridade tras gañar o concurso de Anteproyectos en 1985. O edificio está composto por cinco andar e dous sótanos. A fachada, con amplas ventás, segue mantendo o frontón tradicional. Tamén conta con dúas salas de exposicións e un auditorio con capacidade para 434 persoas, que constitúen as naves principais do edificio. O escenario, de 52 metros cadrados, está dotado dunha plataforma móbil. Así mesmo, un falso teito mellora a acústica e dá cabida á instalación da iluminación.
En canto ao aspecto decorativo, na reconstrucción tívose presente conxugar a idea inicial do teatro decimonónico cunha decoración máis actual, evitando os dourados e os detalles barrocos, buscando a esencia do edificio decimonónico sen ter que recorrer o detalle fácil. Ademais as portas e a decoración aseguran o acondicionamiento acústico. O Teatro Principal ten unha rica e variada oferta cultural ao longo de todo o ano, composta principalmente por representacións teatrais, concertos, etc.