skip to Main Content

Área recreativa de Lodeiro

Situada na parroquia de San Miguel de Campo, a escasos metros da Ponte Cuitián , a Área recreativa de Lodeiro é un dos lugares máis fermosos do río Lérez. As súas ribeiras frondosas, acollen unha praia fluvial e son a testemuña da unión do río Lérez co seu afluente o río Meneses.

O feito de ser punto de partida dunha atractiva ruta (a ruta dos moliños do Río Meneses), o merendeiro provisto de mesas e parrillas, o coto de pesca e a praia fluvial, fan desta área recreativa un lugar ideal para o goce de todos os públicos.

Direccion
Dirección
Refuxio de Pesca, Campo Lameiro
36118, Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.523677717, -8.53777961014
DMS: 42°31'25.24"N 8°32'16.01"O
Acceso
Acceso
Acceso peonil.
Info Util
Info útil

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top