skip to Main Content

Pontevedra

Esta engaiolante cidade, posúe un centro histórico-artístico realmente excepcional. Famosa polas súas singulares prazas de nomes gremiais, repletas edificios brasonados, en Pontevedra danse cita os máis diversos estilos arquitectónicos: románico, gótico, plateresco, barroco…

Pontevedra 1

Pero tamén o culto e o popular, o laico e o relixioso, a vitalidade e a calma. Todo configura un espazo singular que chama a atención polo amigable das súas rúas cheas de non só de monumentos, senón de xente que vive nunha cidade amable, conservada e modélicamente sostible.

Pontevedra 2
Pontevedra 3

E é que en Pontevedra, cidade hospitalaria, e cordial, todo está a un paso. Dende excelentes museos, como o Museo de Pontevedra, cunha colección de xoias únicas en Europa, con mais de 4000 anos de antigüidade, pasando por monumentos de diferentes estilos artísticos, como, a Basílica de Santa María, as góticas Ruínas de San Domingos, a Igrexa da Peregrina, patroa da provincia, San Francisco  ou barroco San Bartolomeu hasta os numerosos pazos e edificacións singulares que adornan prazas como a Praza da Leña, Teucro ou Ferraria. Ademais compre non esquecer que, Pontevedra tamén é cidade de ocio, boa gastronomía e festa. Demóstrano os centos de locais, espallados por todas as prazas e xardíns da cidade, con acolledoras terrazas onde poder degustar a rica gastronomía da zona.

Pontevedra 4
Pontevedra 5
Pontevedra 6
Back To Top