O Monte Seixo, dacabalo entre a Lama e Cotobade, é particularmente rico en formacións xeolóxicas creadas polo xeo, a auga e vento. Nestas rochas a erosión vai creando alvéolos nos zonas periféricas, dando formas redondeadas ou caprichosas as rochas. Hai casos como o de Portalén, preto da Capela de Santa Mariña do Seixo, onde este fenómeno presenta insólitos puntos de apoio entre penedos, e mesmo que as pedras de avalar serve coma lugar de rito.
A parte este de Cotobade esta ocupada pola Serra do Cando, que se extende entre os rios Vergugo e Lérez ata chegar a Beariz, en Ourense. Estes espazos de brañas, carqueixas e breixos, onde se chegan a superar os 900 metros, forman parte da Red Natura como lugar de interés comunitario e dan acubillo a diversas formacións rocosas de formas sorprendentes, que son orixe de lendas e contos.
En Portela do Alén, segundo a lenda, os que quixeran falar cós defuntos terían antes que atravesar a “portalén“de norte a sur, e despoís gardar silencio, baixo pena de perder voz ou sáude. Só entón podería ter contacto co máis alá.